Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Celso, Celsa
Nome cristián
Pronuncia
                            Celso:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                        
                            Celsa:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Hipocorísticos
Másculinos Siño
Etimoloxía e historia
Do cognome romano Celsus 'alto, excelso', bastante frecuente na Roma clásica e logo convertido en nome independente.
Motivación
Entre os santos con este nome podemos citar a san Celso de Milán (século I), que viviu durante o imperio de Nerón. Houbo aínda outros dous: un foi mártir en Exipto e o outro bispo de Armag (Irlanda) no século XII.
Chamáronse así
Celso Emilio Ferreiro Míguez (1912-1979), o poeta galego máis influente na posguerra, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 1989.
Lembramos, así mesmo, ao pontevedrés Celso García de la Riega (1844-1914), defensor da patria galega de Cristovo Colón (1898).
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Catalán | Cels | |
| Español | Celso | Celsa | 
| Éuscaro | Zeltso | Zeltsa | 
| Keltso | Keltse | |
| Francés | Celse | |
| Italiano | Celso | |
| Portugués | Celso | Celsa | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




