Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Celia
feminino
Pronuncia
Celia:
Etimoloxía e historia
Nome latino que fai referencia a Caelius, un dos sete cotos de Roma, situado ao sur do Palatino e ao leste do Aventino. Era o nome dunha gens plebea.
Chamáronse así
A coruñesa Celia Brañas Fernández (1880-1948), pioneira da incorporación da muller ao mundo da ciencia. En 1911, por oposición, consegue a praza de Física, Química e Historia Natural da Escola Normal da Coruña. As súas xestións foron fundamentais para a creación da Estación de Bioloxía Mariña de Marín en 1932.
A fisterrá Celia Rivas Casais (1912-1974) foi a primeira muller camioneira de toda España e cofundadora da empresa Hijos de Joaquín Rivas, dedicada á comercialización do peixe. Varios escritores interesáronse pola súa figura.
Celia González Pernas, Celia da Ferrería (1918-1949) foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Caelia | |
Catalán | Cèlia | |
Español | Celia | |
Éuscaro | Zelia | |
Francés | Célie | |
Inglés | Celia | |
Italiano | Celia | |
Portugués | Célia | |
Romanés | Celia |
Antes e despois de Celia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]