Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Celidonio, Celidonia
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego Khelidónios 'semellante á anduriña', a través do latín Chelidonios.
Motivación
San Celidonio (século III) era nativo da Gallaecia asturicense (zona de León) e segundo a lenda sufriu martirio en Tarragona xunto ao seu irmán san Andeiro. Son dos santos máis antigos do culto hispánico.
Santa Celidonia foi unha eremita romana do século XII.
Don Celidonio Latas é o protagonista da novela O porco de pé (1928), de Vicente Risco.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Celedonio | Celedonia |
Éuscaro | Zeledon | |
Italiano | Celidonio | Celidonia |
Portugués | Celidónio | Celidónia |
Antes e despois de Celidonio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]