Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
César
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
César:
Etimoloxía e historia
É este un dos nomes recuperados no Renacemento en memoria do político, militar e escritor romano Caio Xulio César (100-44 a. C.). Plinio o Vello, historiador romano, explicaba este cognome dicindo que César fora cortado do ventre da nai (a caeso matris utero), de onde procede a denominación actual da operación cesárea. Pero non parece probable que fose esta a orixe, xa que seu pai xa levaba este nome, Gaius Iulius Caesar. Outros din que caesaries 'cabeleira de home' sería un alcume físico da familia. Finalmente, tamén hai quen opina que é un nome de orixe etrusca, como gran parte da onomástica romana. Tras a extinción da casa Xulia, o emperador Claudio converteuno nun título distintivo da casa reinante, e de aí pasou á lingua común como sinónimo de 'emperador'. De feito é a orixe do Kaiser alemán e do Tsar ruso.
Motivación
Xulio César figura como personaxe literario en innumerables obras de grandes escritores: Dante, Shakespeare, Voltaire, Goethe, Balzac, Bernard Shaw etc.
Outro personaxe de sona foi César Borgia, que gobernou os Estados Pontificios durante o papado do seu pai Alexandre VI (1492-1503).
Chamáronse así
Os galegos César Vaamonde Lores (1867-1942), historiador e membro da Real Academia Galega, e César Alvajar Diéguez (1892-1965), escritor, xornalista e político.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Cäsar | |
Catalán | Cèsar | |
Español | César | |
Éuscaro | Zesar | |
Francés | Cesar | |
Inglés | Caesar | |
Italiano | Cesare | |
Portugués | César | |
Romanés | Cezar | |
Ruso | Kesarii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]