Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Cesáreo, Cesárea
Pronuncia
Cesáreo:
Cesárea:
Véxase César
Variantes
Etimoloxía e historia
Do latín Caesareus 'relativo ao César'.
Motivación
San Cesáreo ou san César de Arles (470-542) foi arcebispo desta cidade occitana; distinguiuse polos seus sermóns contra o arianismo e o paganismo.
Chamáronse así
Cesáreo Saco López (1905-1994), natural do Saviñao, avogado e político represaliado polo franquismo na posguerra; en 1947, no cárcere de Yeserías deu clases de lingua galega aos presos, as primeiras das que se ten constancia. Foi galardoado co Pedrón de Ouro en 1986.
Cesáreo González (1903-1968), fundador de Suevia Films, a principal produtora cinematográfica española da posguerra.
Na forma feminina levouno a cantante caboverdiana Cesária Évora (1941-2011).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Cesari | |
Español | Cesáreo | |
Éuscaro | Zesario | |
Francés | Césaire | |
Inglés | Caesarean | |
Portugués | Cesário | Cesária |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]