Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Catarina
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Catarina:
Variantes
Hipocorísticos
Femininos Catela
Etimoloxía e historia
De orixe grega, rexístrase no século IV como Aikaterínē, de etimoloxía descoñecida. No mundo cristián occidental o nome relacionouse co adxectivo grego katharós ‘puro’, e de aquí a grafía Catharina que se difundiu en case todas as linguas occidentais.
Motivación
A figura de santa Catarina de Alexandría está envolta na lenda, pois a súa existencia é máis que dubidosa. A tradición asimilouna á célebre filósofa pagá Hipatia e fixo dela a Palas Atenea cristiá. Lembremos o episodio de san Cirilo de Alexandría e do seu grupo de fanáticos cristiáns, destrutores da rica biblioteca de Alexandría. Santa Catarina sería a hipotética sabia cristiá que fora quen de vencer dialecticamente cincuenta sabios pagáns da Alexandría exipcia.
Houbo varias santas con este nome, entre elas Catarina de Siena (1347-1380), patroa desta cidade, que colaborou na volta dos papas a Roma, despois de setenta anos en Aviñón.
Chamáronse así
Catarina de Médici (século XVI), italiana raíña consorte de Francia e nai de tres reis; Catarina a Grande (século XVIII), emperatriz de Rusia; Katherine Hepburn (1907-2003), actriz norteamericana.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kathrin (hip.) | |
Katrin | ||
Karin | ||
Katharine | ||
Bretón | Katarin | |
Katell | ||
Catalán | Caterina | |
Catalina | ||
Español | Catalina | |
Éuscaro | Katerin | |
Katrin | ||
Katixa | ||
Katerina | ||
Katelina | ||
Kateriñe | ||
Katarina | ||
Katalina | ||
Katalin | ||
Francés | Catherine | |
Inglés | Kitty (hip.) | |
Catharine | ||
Karen | ||
Kathleen | ||
Italiano | Carina (hip.) | |
Caterina | ||
Portugués | Cataliña | |
Catarina | ||
Romanés | Catalina | |
Catalin | ||
Ecaterina | ||
Ruso | Karina (hip.) | |
Katea | ||
Ekaterina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Catarina
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]