Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Casandra
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Nome da heroína troiana Kassándra ou Kasándra. O masculino Kássandros tamén está documentado, sobre todo como nome dun rei macedonio. Trátase dunha forma composta cun segundo elemento -andra, do sustantivo 'varón', 'home', pero non está claro cal é a etimoloxía do primeiro elemento. Tense relacionado coa raíz *ked- que forma o adxectivo kednós 'prudente', 'dilixente', 'valente'. Para outros podería relacionarse coa raíz *kad-, que atopamos no perfecto *ke-kad-mai > kékasmai 'sobresaír'.
Motivación
Casandra, na mitoloxía grega, era filla de Príamo e de Hécuba, reis de Troia. Dela namorouse o deus Apolo, que lle regalou o don da profecía para conquistala, como adoitaba facer con todos os seus amoríos. Casandra acabou cansa de Apolo e, cando adquiriu a facultade da adiviñación, rexeitouno. O deus, cortesmente, non lle retirou o don pero retiroulle o da persuasión. Dende aquela Casandra profetizaba ao dereito, pero a xente entendíaa ao revés e non lle facía caso. Así foi que ninguén a escoitou cando vaticinou a caída de Troia mediante o engano do cabalo agasallado polos astutos gregos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Cassandra | |
Español | Casandra | |
Éuscaro | Kasandro | Kasandra |
Inglés | Cassandra | |
Portugués | Cassandra | |
Romanés | Casandra |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Casandra
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]