Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Coralia
feminino
Véxase Coral
Etimoloxía e historia
Derivado de coral, ou feminización do latín corallium.
Chamáronse así
En Santiago de Compostela foron moi coñecidas, entre os anos sesenta e oitenta do século XX, as irmás Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, “as dúas Marías” ou “as dúas en punto”, costureiras que tiñan o costume de pasear pola zona antiga da cidade moi maquilladas e vestidas de modo rechamante. Pertencían a unha familia humilde de once irmáns, algúns deles de ideoloxía anarquista, que sufriran duras represalias na ditadura franquista. En 1994 inaugurouse na Alameda compostelá unha escultura que as recorda, convertida hoxe nun atractivo turístico da cidade.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Coralia | |
Francés | Coralie | |
Grego | Koralia | |
Portugués | Corália |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Coralia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]