Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Coral
feminino
Apelativo
Pronuncia
Coral:
Etimoloxía e historia
Do latín tardío corallum, clásico corallium ‘coral’, e este do grego.
Motivación
Os ourives sempre fabricaron con este polípero arborescente colares e mesmo amuletos, xa que hai unha tradición máxica vinculada ao coral. É un dos nomes que comparan unha criatura preciosa a outro ser natural precioso.
Chamáronse así
Coral Troncoso (Mondariz 1972 - Madrid 2016) foi unha bailarina e coreógrafa galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Coral | |
Español | Coral | |
Italiano | Corallo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Coral
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]