Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Mencía
feminino
Etimoloxía e historia
Antigo nome galego de orixe descoñecida.
Motivación
Mencía de Andrade (século XVI) foi unha rica burguesa compostelá que pagou as obras da capela da Azucena, tamén coñecida como ‘capela de dona Mencía’, da catedral de Santiago. En 1584 o escultor J. Bautista Celma realizou a súa escultura pétrea para a campa do seu sartego.
Como dato anecdótico documentado, en 1483 a filla dun notable xudeu de Ourense chamado Abraán converteuse —forzada ou non— ao cristianismo e tomou o nome de Mencía; descoñécese o seu orixinario nome xudeu.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Éuscaro | Mentzia | |
Maintzia | ||
Mantzio | Mantzia | |
Portugués | Mecia | |
Mencia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]