Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Meira
feminino
Nome toponímico
Etimoloxía e historia
Dun topónimo que nomea tres lugares (en Cuntis, Mañón e Meira), dúas parroquias (en Moaña e Meira) e un concello (na provincia de Lugo), e que tamén se converteu en apelido. Trátase dun nome de orixe prerromana, baseado nun elemento mer, que facía referencia á auga. Está relacionado con outros como Mera, Mira ou Meirama.
Antes e despois de Meira
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]