Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Maximiliano
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Maximiliano:
Etimoloxía e historia
Do sobrenome latino, e despois nome, da época imperial Maximilianus, resultado da unión doutros sobrenomes ou alcumes romanos: Maximus e Aemilianus (Máximo e Emiliano). Tamén se ten interpretado como o xentilicio de Maximus mediante a disimilación dun Maximinianus.
Motivación
San Maximiliano de Lorch (século III) foi o fundador do bispado desta cidade do Danubio. Morreu martirizado por negarse a facer sacrificios aos deuses pagáns. Este santo bávaro-austríaco fíxose moi popular nos séculos XVI e XVII por levaren o seu nome dous emperadores da Casa de Austria e varios electores de Baviera, entre eles Maximiliano I, emperador do Sacro Imperio Xermánico de 1508 a 1519, avó de Carlos V, que foi quen o sucedeu. Outro santo, xa do século XX, foi Maksymilian Maria Kolbe, franciscano polaco que morreu no campo de exterminio de Auschwitz en 1941.
Chamáronse así
Dous personaxes históricos: Maximilien de Robespierre (1758-1794), xefe da ala máis radical dos xacobinos da Revolución francesa; e Ferdinand Maximilian de Habsburgo-Lorena (1832-1867), coñecido como ‘Maximiliano de Austria ou de México’, que, co apoio de Francia e Gran Bretaña, intentou facerse emperador de México, pero foi fusilado en 1867 polas tropas do presidente Benito Juárez. O pintor francés Édouard Manet contribuíu a darlle sona ao suceso e ao nome cunhas pinturas de gran formato que realizou entre 1867 e 1869 baixo o título A execución do emperador Maximiliano.
En Galicia: Maximiliano Linares Rivas, avogado e político (f. 1932), e Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas, neto do anterior (1896-1931).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Maximilian | |
Catalán | Maximilià | |
Español | Maximiliano | |
Francés | Maximilien | |
Inglés | Maximilian | |
Italiano | Massimiliano | |
Portugués | Maximiliano |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Maximiliano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]