Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Maximiano
masculino
Véxase Máximo
Etimoloxía e historia
Do latín Maximianus, patronímico de Maximus e despois nome propio.
Motivación
Maximiano (Marcus Aurelius Maximianus) foi emperador romano (286-305). Soldado de fortuna, Diocleciano asociouno ao poder confiándolle o goberno da zona occidental do Imperio. Tras a abdicación de Diocleciano, no ano 307 enfrontouse ao seu xenro Constantino, que o obrigou a suicidarse ou o fixo asasinar.
San Maximiano de Rávena (século VI), diácono natural de Pula (Istria), foi designado bispo de Rávena co apoio do emperador Xustiniano e do papa Vixilio. Consagrou as igrexas bizantinas de San Vidal e de Santo Apolinar desta cidade e foi o primeiro bispo occidental en levar o título de arcebispo. Como protector da arte, é famosa a Cadeira de Maximiano, un trono episcopal composto por 26 paneis de marfil tallados.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Maximianus | |
Catalán | Maximià | |
Español | Maximiano | |
Éuscaro | Maximiano | |
Francés | Maximien | |
Inglés | Maximianus | |
Italiano | Massimiano | |
Portugués | Maximiano |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Maximiano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]