Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Mauricio
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Mauricio:
Etimoloxía e historia
Do latín Mauritius, nome persoal étnico derivado doutro nome de persoa latino: Maurus 'mouro', 'habitante da Mauritania' (actual Norte de África).
Tamén se di que pode ser unha derivación de Moisés, nome de orixe exipcia.
Motivación
San Mauricio de Agaune (século III) foi, segundo a Lenda dourada, unha compilación de vidas de santos moi difundida a partir do século XIII, o xefe da Lexión Tebana (recrutada en Tebas-Exipto), que, instalada en Agaune do Valais suízo (hoxe Saint-Maurice) para ir combater ao norte dos Alpes, foi decimada e despois exterminada por orde do emperador Maximiano, debido a que Mauricio e os seus compañeiros cristiáns se negaran a participar no culto oficial de Roma. Foron acusados de rebelión militar e despois decapitados.
Chamáronse así
Os músicos franceses Maurice Ravel (1875-1937) e Maurice Chevalier (1888-1972).
En Galicia, o músico Mauricio Farto Parra (1867-1947), que aínda que nacera na provincia de Valladolid era bisneto de galegos; xa veu de neno para Galicia, fundou e dirixiu corais e distinguiuse polas súas composicións inspiradas na tradición popular galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Moritz | |
Mauritius | ||
Bretón | Moris | |
Catalán | Maurici | |
Español | Mauricio | |
Éuscaro | Maurizio | |
Francés | Maurice | |
Gaélico | Meuric | |
Holandés | Maurits | |
Inglés | Moris | |
Morris | ||
Maurice | ||
Irlandés | Moriertagh | |
Italiano | Maurizio | |
Portugués | Maurício | |
Romanés | Mauriciu | |
Ruso | Mavriki |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Mauricio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]