Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Mateu
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do nome hebreo Matithyah 'don de Iavé' —que tamén dá orixe a Matías—, abreviado en Mathathah, que se adaptou ao grego coa forma Matthaîos e ao latín evanxélico como Matthaeus.
Motivación
San Mateu foi un dos doce apóstolos de Cristo e un dos catro evanxelistas. Era publicano —recadador de impostos para os romanos— e chamábase Leví. Xesús chámao, múdalle o nome e desígnao tesoureiro do grupo apostólico. Tras a morte de Xesús parece ser que evanxelizou Etiopía, pero non está probado. Foi o autor do primeiro dos Evanxeos, escrito en arameo.
Chamáronse así
O mestre Mateu (c. 1150-c.1200), arquitecto e escultor, que foi o grande artífice da cripta e do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago (1168-1188), obra mestra da escultura románica.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Matthäus | |
Bretón | Mazhev | |
Mazhe | ||
Catalán | Mateu | |
Español | Mateo | |
Éuscaro | Mateo | |
Francés | Matthieu | |
Holandés | Thys (hip.) | |
Matthys | ||
Inglés | Matthew | |
Italiano | Matteo | |
Maffeo | ||
Portugués | Mateus | |
Ruso | Matvei |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]