Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Marta
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Marta:
Etimoloxía e historia
Do nome arameo (ou siríaco) Martâ, tomado do nome común marta 'señora, patroa'. Pasou ao grego e ao latín como Martha.
Motivación
Santa Marta de Betania era irmá de María e de Lázaro. Aparece dúas veces nos Evanxeos: acollendo a Xesús na súa casa e na escena da resurrección de Lázaro. Pola súa preocupación por preparar as cousas para agasallar a Xesús durante a visita —mentres María quedaba con el de conversa—, tomouse no mundo cristián como exemplo de ama de casa hospitalaria, símbolo da vida activa fronte á contemplativa da irmá.
En Galicia ten moita sona o santuario de Santa Marta de Ribarteme (As Neves), en que se celebra unha solemne procesión de mortallas o día da súa festa, o 29 de xullo.
Chamáronse así
Marta Traba Taín (1930-1983), crítica de arte arxentina de orixe galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Martha | |
Catalán | Marta | |
Español | Marta | |
Éuscaro | Marta | |
Marte | ||
Francés | Marthe | |
Inglés | Martha | |
Italiano | Marta | |
Portugués | Marta | |
Romanés | Marta | |
Ruso | Marta |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]