Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Mario
masculino
Pronuncia
Mario:
Etimoloxía e historia
Do antigo xentilicio romano Marius, tomado do etrusco maru, título dalgún maxistrado ou sacerdote. Segundo algunhas hipóteses, esta palabra significaría 'home'.
Motivación
Caio Mario (séculos II-I a. C.) era o xefe do partido popular en Roma, que nunha cruenta guerra civil venceu a Sila, do partido dos patricios. Tamén venceu a Xugurta, rei de Numidia. En Roma, os seus inimigos converteron o seu nome en sinónimo de político ambicioso, pero para os revolucionarios franceses de finais do século XVIII foi o heroe da liberdade e da democracia.
San Mario o Persa (século III) viaxou a Roma coa súa esposa Marta e cos seus fillos, e alí sufriron martirio. San Mario de Lausana (século VI) foi bispo de Avenches (Suíza).
Chamáronse así
Mario Lanza foi o nome artístico do tenor e actor estadounidense Alfredo Arnoldo Cocozza (1921-1959). Tamén o levaron o novelista estadounidense de orixe italiana Mario G. Puzo (1920-1999), autor, entre outras obras, da novela The Godfather (1969), ‘O padriño’; e o político portugués Mário Soares (1924-2017), dúas veces primeiro ministro e unha presidente da República portuguesa.
Mario Benedetti (1920-2009), escritor uruguaio.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Màrius | |
Español | mario | |
Éuscaro | Mario | |
Francés | Marius | |
Inglés | Marius | |
Italiano | Mario | |
Portugués | Mário | |
Romanés | Marius |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]