Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Mariano, Mariana
Nome cristián
Pronuncia
Mariano:
Mariana:
Etimoloxía e historia
Do nome persoal romano Marianus, que en orixe foi un adxectivo derivado do xentilicio latino Marius ‘Mario’. Na época cristiá comeza a interpretarse o adxectivo marianus como ‘relativo a María’. Na actualidade a forma feminina adóitase considerar derivada de María ou aglutinación de María e Ana.
Motivación
San Mariano (século VI) foi anacoreta en Berry (Francia).
Santa Mariana (século I) era irmá de Filipe, un dos doce apóstolos de Cristo. Hai outra santa Mariana de Xesús (século XVII), virxe e penitente de Quito (Ecuador), protectora contra os terremotos.
Marianne é o símbolo da República Francesa desde a Revolución Francesa, como personificación da liberdade, igualdade, fraternidade e razón, así como un retrato da Deusa da Liberdade.
Chamáronse así
O xornalista e escritor español Mariano José de Larra (1809-1837) e o tenor de orixe vasca Mariano E. González ‘Luis Mariano’ (1914-1970).
Mariana Pineda (século XIX), moza granadina de ideoloxía liberal que foi executada en 1831 por orde do rei absoluto Fernando VII, por bordar unha bandeira en que se lía a palabra “liberdade”. Converteuse na heroína da liberdade e dos liberais españois, e protagonista de moitas obras literarias, entre elas o famoso drama de 1925 do seu paisano Federico García Lorca.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Marian | Marianne |
Bretón | Marianna | |
Catalán | Marià | Marianna |
Español | Mariano | Mariana |
Éuscaro | Mariano | Mariana |
Maren | ||
Francés | Marian | Marianne |
Inglés | Marianne | |
Marion | ||
Italiano | Mariano | Marianna |
Portugués | Mariano | Mariana |
Romanés | Mariana | |
Ruso | Marian |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]