Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Mauro, Maura
Nome cristián
Pronuncia
Mauro:
Etimoloxía e historia
Do nome persoal romano Maurus, alcume étnico que significaba 'mouro', 'habitante da Mauritania' (actual Norte de África). É unha forma culta que se utilizou para castelanizar o nome Amaro.
Motivación
San Mauro (c. 512-584) foi un monxe bieito de vida lendaria. Supostamente nacido en Roma, chegouse a identificar cun discípulo de san Bieito mencionado por san Gregorio. Pasa por ser o introdutor do monaquismo na Galia, onde fundou o mosteiro de Glanfeuil, hoxe en Thouriel, Maine-et-Loire, o primeiro da orde beneditina en Francia. En Galicia a Igrexa botou man deste santo para castelanizar santo Amaro o peregrino, pero nada teñen que ver un co outro.
Hai varias santas co nome de Maura: unha italiana de Rávena (século III) e outras dúas francesas: unha de Nogent-sur-Oise —parece ser que irmá de santa Bríxida— e a outra de Troyes, do século IX.
Chamáronse así
Fra Mauro (c.1400 - 1464) foi un cartógrafo veneciano creador, por encargo do rei Afonso V de Portugal, do mapa máis detallado e preciso do mundo ata ese momento, o mapamundi de Fra Mauro.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Maurus | |
Catalán | Maure | Maura |
Español | Mauro | Maura |
Éuscaro | Maura | |
Francés | Maur | Maure |
Inglés | Seymour | |
Italiano | Mauro | Maura |
Portugués | Mauro | Maura |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Mauro
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]