Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Maximino, Maximina
Nome cristián
Pronuncia
Maximino:
Maximina:
Hipocorísticos
Másculinos Mino
Etimoloxía e historia
Do sobrenome, e despois nome, latino Maximinus, derivado de Maximus.
Motivación
Maximino foi emperador romano de 235 a 238. Era un simple labrego tracio que pasou a ser xefe militar. Mandou asasinar o emperador Alexandre Severo e ocupou o seu lugar co apoio das tropas do Rin. Tamén el morrería asasinado.
Houbo varios santos con este nome: san Maximino de Aix, apóstolo fabuloso da Occitania que ao parecer foi bispo de Aix-en-Provence; san Maximino de Tréveris (século IV) foi bispo desta cidade alemá; san Maximino de Micy (séculos V-VI) foi o fundador desta abadía francesa.
Chamáronse así
Entre os galegos, salientamos o arcebispo Maximino Romero Lema (1911-1996), natural de Baio (Zas), eclesiástico de máxima confianza no Vaticano do papa Paulo VI, de 1973 ó falecemento deste (1978).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Maximinus | |
Catalán | Maximí | Maximina |
Español | Maximino | Maximina |
Éuscaro | Maximino | |
Francés | Maximin | |
Italiano | Massimino | Massimina |
Portugués | Maximino |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Maximino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]