Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Melania
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Melania:
Etimoloxía e historia
Do nome latino Melania, e este do grego melanía 'negrura'.
Motivación
Santa Melania a Nova, neta de santa Melania a Vella, (século V) estivo casada cun senador romano; ao enviuvar, a fortuna que herdou déullela aos pobres e morreu na miseria nun convento en Xerusalén. O seu fillo adoptivo escribiu unha biografía dela en latín e grego.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Melanie | |
Catalán | Melània | |
Checo | Melánie | |
Español | Melania | |
Francés | Mélanie | |
Holandés | Melanie | |
Húngaro | Melània | |
Inglés | Melanie | |
Italiano | Melania | |
Polaco | Melania | |
Portugués | Melánia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]