Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Mendo
masculino
Personaxe histórico
Véxase Hermexildo
Etimoloxía e historia
Forma galega medieval procedente de Hermenegildus, na cal se produciu unha aférese, se pasou a *Menegildus, e despois a *Menendus, por influencia dos nomes rematados en -sindus (Gurmersindo, Rosendo etc.). É a orixe do apelido Méndez (Menéndez en castelán) e un nome bastante frecuente na época medieval.
Motivación
No reino medieval de Galicia (Gallaecia) aparece desde moi cedo: Ermexildo (ou Mendo) Gutérrez (século IX), conde de Tui e do Porto, conquistador de Coímbra no ano 878 e repoboador desta cidade (con esta conquista, o reino de Galicia acada a súa máxima extensión, pois chega polo sur ao río Mondego); Ermexildo (ou Mendo) Gonçalves (século X), conde de Tui (casado con Mumadona Díaz, fundadora dun mosteiro e dun castelo ao carón dos cales nacería a cidade de Guimarães); Mendo Gonçalves e Mendo Núnez (ambos do século XI) foron condes de Portucale.
Chamáronse así
Mendiño (século XIII ou XIV) foi un xograr ou trobador galego medieval, do que só se coñece unha única composición, unha cantiga de amigo do subtipo das mariñas que empeza co verso “Sedia m'eu na ermida de San Simion”. Entre os poetas medievais europeos ningún conseguiu unha estimación tan alta por unha obra tan breve.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Mend | |
Español | Menendo | |
Portugués | Mendo |
Antes e despois de Mendo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]