Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Hermexildo, Hermexilda
Nome cristián
Variantes
Masculinas Hermenexildo
Hipocorísticos
Másculinos Xildo
Femininos Xilda
Etimoloxía e historia
Nome xermánico moi antigo, documentado nos textos galegos desde o século VIII. De orixe xermánica, está composto por unha primeira raíz gótica *aírmans, aírmins ‘grande, ancho’ e outra derivada de *geldan ‘valer’.
Motivación
Santo Hermexildo de Sevilla (século VI) era o fillo primoxénito do rei visigodo Leovexildo, de relixión ariana. O seu pai confiáralle o goberno da Bética. Influído por san Leandro e pola súa muller Ingunda, abxurou do arianismo e integrouse no catolicismo. Encabezou unha rebelión contra o seu pai, aliándose cos suevos e cos bizantinos. Morreu asasinado nunha prisión de Tarragona.
Santo Hermexildo de Salceda (século X), santo galego, era curmán de san Rosendo e sobriño de santa Aragonte, segunda esposa do rei de Galicia e León Ordoño II. Acompañou a súa tía ao seu retiro no mosteiro de Salceda (Baixo Miño) cando o rei a repudiou.
Chamáronse así
Hermexildo Gotérrez (850-912), poderoso nobre galego que formou parte da curia do rei galaico Afonso III o Grande, do que foi mordomo real. Era curmán de san Rosendo e home forte do reino, conde de Tui e do Porto. Foi, ademais, o conquistador de Coimbra (878), que co tempo sería a cidade máis meridional do reino medieval de Galicia.
Hermexildo Alóitez (século X), conde de Présaras, curmán da raíña Elvira Méndez —esposa do rei galaico-leonés Ordoño II— e bisavó do poderoso conde Pedro Fróilaz de Traba.
Hermexildo (Mendo) González, conde galego de Tui e do Porto que en 926 casou con Mumadona Díaz. Á morte do seu esposo (950), a condesa Mumadona —bisneta dun conde chamado Vímara Pérez— fundou nun lugar ermo o mosteiro dúplice de San Mamede, orixe da cidade portuguesa de Guimarães.
Hermenexildo Amoedo Carballo (1747-1811), o padre Amoedo, relixioso e poeta pontevedrés. Hermenegildo Calvelo (1856-1918), mestre e xornalista de Carballo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Hermenegild | |
Catalán | Hermenegild | Hermenegilda |
Español | Hermenegildo | Hermenegilda |
Francés | Herménégilde | |
Italiano | Gildo | Gilda |
Ermenegildo | Ermenegilda | |
Portugués | Hermenegildo | Hermenegilda |
Antes e despois de Hermexildo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]