Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Hércules
masculino
Nome mitolóxico
Variantes
Masculinas Heracles
Etimoloxía e historia
Do latín Hercǔles, equivalente ó grego Heracles, o fillo de Xúpiter e de Alcmena. O nome grego deriva de Hera, a muller de Zeus (equivalentes de Xuno e Xúpiter na mitoloxía romana), porque cando naceu esganou as dúas serpes que a deusa mandara para que o devorasen, alporizada pola infidelidade do seu marido.
Motivación
Hércules é o nome que lle deron os romanos ao heroe mitolóxico grego Heracles, personaxe dotado dunha gran forza, coa que mesmo mataba un león ou os seus propios fillos. Por este crime tivo que realizar doce traballos expiatorios, coñecidos como os “doce traballos de Hércules”.
Na historia mítica galega o heroe clásico Hércules pasa por ser o construtor do faro da Coruña que hoxe leva o seu nome, a torre de Hércules, o máis antigo do mundo entre os faros activos. En realidade é obra romana do século II, construída por un arquitecto lusitano de Coimbra chamado Caio Sevio Lupo. A principios do século V fala da torre-faro de Brigantia —poboación romana que se identifica coa Coruña— o historiador galaicorromano Paulo Orosio. Tamén aparece debuxada nos mapas máis antigos da Península Ibérica, nos confíns da Gallaecia.
Hercule Poirot foi un famoso detective belga creado pola escritora inglesa Agatha Christie.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Herkules | |
Herakles | ||
Catalán | Hèrcules | |
Español | Hércules | |
Éuscaro | Herakles | |
Heracles | ||
Herkules | ||
Francés | Hèraclés | |
Inglés | Hercules | |
Italiano | Ercole | |
Portugués | Hércules |
Antes e despois de Hércules
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]