Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Heriberto
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Heriberto:
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica, composto polos elementos góticos *harjis ‘exército’ e bairthts ‘claro, brillante; célebre, famoso’.
Motivación
Santo Heriberto de Colonia (970-1021) naceu en Worms; home de reputada sabedoría, foi chanceler do emperador do Sacro Imperio Odón III e arcebispo de Colonia.
Chamáronse así
O director de orquestra austríaco Herbert Von Karajan (1908-1989), o filósofo, psicólogo e sociólogo Herbert Spencer (1820-1903). Heriberto Bens foi un heterónimo do escritor X. L. Méndez Ferrín.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Herbert | |
Heribert | ||
Catalán | Heribert | |
Español | Heriberto | |
Francés | Herbert | |
Inglés | Herbert | |
Italiano | Ariberto | |
Erberto | ||
Eriberto | ||
Portugués | Herberto |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Heriberto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]