Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Herculano
masculino
Nome cristián
Véxase Hércules
Etimoloxía e historia
Do latín Herculanus, derivado de Hercules, que significa 'dedicado ou consagrado a Hércules'. Posiblemente sexa xa de antigo un caso de topónimo convertido en antropónimo, porque na antigüidade a cidade italiana de Herculaneum (hoxe Torre del Greco, na Campania) tivo a súa sona porque un terremoto a destruíu parcialmente en tempos de Nerón e despois o Vesubio asolagouna coa súa lava no ano 79. Escavacións de 1720 baixo Portici e Resina e outras de 1738 e 1927 converteron Herculano nun dos centros arqueolóxicos máis interesantes do mundo.
Motivación
Santo Herculano (século VI), bispo de Perugia (Italia), foi torturado e decapitado polos godos durante o asedio a esta cidade italiana (549).
Chamáronse así
Foi o segundo nome de Alexandre Herculano de Carvalho e Araújo (1810-1877), Alexandre Herculano, escritor romántico e historiador portugués, entre outras autor da novela O Galego: Vida, ditos e feitos de Lázaro Tomé.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Herculà | |
Español | Herculano | |
Italiano | Erculano | |
Ercolano | ||
Portugués | Herculano |
Antes e despois de Herculano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]