Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Heliodoro
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Heliodoro:
Etimoloxía e historia
Deriva das palabras gregas Hḗlios 'Sol' e dôron 'regalo', 'don', polo que significa 'don do Sol'.
Motivación
O primeiro do que nos consta o nome é Heliodoro de Emesa (Siria), escritor grego dos séculos III-IV, autor da narración titulada Etiópicas.
Houbo dous santos con este nome: un deles, santo Heliodoro de Dalmacia (século IV), que foi discípulo do seu paisano san Xerome e bispo de Altino, no Véneto; o outro, santo Heliodoro de África (século V), foi o primeiro dos 75 mártires da persecución dos vándalos.
Chamáronse así
En Galicia, Heliodoro Fernández Gastañaduy (1859-1917), médico e autor de teatro e zarzuela, e Heliodoro Gallego Armesto (1872-1934), matemático e xeógrafo da Pobra de Trives.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Heliodor | |
Español | Heliodoro | |
Éuscaro | Heliodoro | |
Francés | Héliodore | |
Italiano | Eliodoro | |
Portugués | Heliodoro | |
Romanés | Eliodor |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Heliodoro
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]