Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Heraclio
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do nome grego Hērákleios (latinizado en Heraclius ou Heracleus), derivado de Heraklês 'Heracles' (latino 'Hércules'), heroe mitolóxico heleno. O nome significa: 'dedicado ou consagrado a Heracles'.
Motivación
Santo Heraclio foi patriarca de Alexandría (231-247), discípulo e compañeiro de Oríxenes. Houbo outro santo Heraclio de Campania (século V), chamado o Africano, que chegou a esa rexión italiana fuxindo dos vándalos.
Por outra parte, Heraclio I e II foron dous emperadores de Oriente do século VII.
Chamáronse así
Contribuíu á difusión deste nome Heraclio Fournier (1849-1916), fundador en 1870 en Vitoria-Gasteiz dunha empresa de naipes que leva o seu nome.
Tamén o levou o médico, escritor e editor galego Heraclio Pérez Placer (1866-1926), e Enrique Heraclio Botana (1871-1936), tipógrafo e político pontevedrés, deputado nas Cortes Constituíntes de 1931.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Heracli | |
Español | Heraclio | |
Éuscaro | Heraklio | |
Italiano | Eraclio | |
Portugués | Heráclio |
Antes e despois de Heraclio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]