Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Helena
feminino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Helena:
Hipocorísticos
Femininos Lena, Lenuca, Lela, Lenucha
Etimoloxía e historia
Do nome latino Helena ou Helene, tomado do grego Helénē. A súa etimoloxía é dubidosa: é posible que estea relacionado coas palabras gregas helánē 'facho, 'tea' e hélē, heílē 'fulgor ou calor do sol', 'luz brillante'. Suponse que nunha etapa primitiva da mitoloxía grega Helena foi unha divindade da luz.
Motivación
Helena é unha das principais protagonistas da Ilíada de Homero, culpable indirecta da guerra de Troia. Aínda que tiña un pai humano, ao parecer era filla de Zeus. Foi unha muller de gran beleza que casou con Menelao, rei de Esparta, pero que se deixou seducir por París, fillo do rei de Troia, que a raptou, o que provocou que se formase unha coalición das cidades gregas contra Troia. Tras a destrución desta cidade volveu con Menelao a Esparta.
Helena de Troia foi fonte de inspiración para moitos autores de todas as épocas, xa desde o mundo antigo, en Grecia: Homero, Hesíodo, Eurípides, Heródoto; en Roma: Horacio, Ovidio, Virxilio etc.
Flavia Xulia Helena ‘santa Helena’ (c. 250-330), natural de Asia Menor, foi a nai do emperador romano Constantino o Grande. Repudiada polo emperador Constancio Cloro, cando o seu fillo logra o poder volve á corte imperial e é proclamada augusta. Convértese ao cristianismo e no ano 326 visita os Santos Lugares de Palestina na procura de reliquias de Cristo, e, segundo a tradición, grazas a un ancián xudeu chamado Xudas —que despois, co nome de Ciríaco, chegaría a santo— atopou onde estaba enterrada a cruz de Cristo. Foi o momento da “invención” (‘achado’) da Vera (‘verdadeira’) Cruz.
Chamáronse así
Elena Colmeiro (1932-2021), escultora galega; Elena Gago (1940-2021), pintora galega. Elena Quiroga (1921-1995), escritora.
Helena Blavatsky (1831-1891), autora rusa teórica da teosofía e co fundadora da Sociedade Teosófica.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Lene | |
Helene | ||
Bretón | Lenaig (hip.) | |
Lena | ||
Elen | ||
Catalán | Helena | |
Elena | ||
Español | Helena | |
Elena | ||
Éuscaro | Elene | |
Heleni | ||
Helene | ||
Helena | ||
Francés | Hélène | |
Inglés | Ellen | |
Helen | ||
Italiano | Elena | |
Portugués | Helena | |
Romanés | Ileana | |
Elena | ||
Ruso | Nelli (hip.) | |
Lena | ||
Yelena | ||
Elena |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Helena
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]