Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Heduvixes
feminino
Nome cristián
Variantes
Femininas Eduvixes
Hipocorísticos
Femininos Duvixes
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica e recente introdución, que é unha posible adaptación do alemán Hedwig, composto polas raíces hathu e wig, ambas as dúas designacións en alto alemán da guerra.
Motivación
Santa Heduvixes de Silesia (séculos XII-XIII) foi esposa do duque Henrique I de Silesia e Polonia, con quen tivo sete fillos. Fundou a abadía de Trebnitz (Breslau), onde ingresou ao quedar viúva.
Chamáronse así
Hedwig Eva Maria Kiesler (1914-2000), coñecida como Hedy Lamarr, actriz e inventora austríaca.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Hedwigis | |
| Hedwig | ||
| Catalán | Eduvigis | |
| Español | Eduvigis | |
| Francés | Hedwiges | |
| Hedwige | ||
| Inglés | Hedwig | |
| Italiano | Edvige | |
| Polaco | Jadwiga | |
| Portugués | Edviges | |
| Ruso | Iadviga |
Antes e despois de Heduvixes
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




