Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Hamílcar
masculino
Personaxe histórico
Variantes
Masculinas Amílcar
Etimoloxía e historia
Do latín Hamilcar, e este do púnico Himelqarth 'amigo do Melqar' (deus da cidade fenicia de Tiro).
Motivación
Hamílcar Barca (século III a. C.) foi un dos xefes supremos cartaxineses que intentaron a conquista militar de Hispania. Morreu loitando contra o xefe ibero Orisón. Foi pai de Haníbal, a quen obrigou a xurar, cando era un neno, odio eterno aos romanos.
Chamáronse así
O enxeñeiro e escritor guineano Amílcar Cabral (1924-1973) foi o máximo dirixente revolucionario para a independencia da Guinea Portuguesa (actual Guinea-Bisau) e Cabo Verde.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Hamilkar | |
Catalán | Hamílcar | |
Amílcar | ||
Español | Amílcar | |
Éuscaro | Hamilkar | |
Amilkar | ||
Francés | Hamilcar | |
Inglés | Hamilcar | |
Italiano | Amiílcare | |
Portugués | Amílcar |
Antes e despois de Hamílcar
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]