Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gustavo
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Gustavo:
Etimoloxía e historia
Da forma do sueco antigo Götstav, posiblemente de orixe xermánica, quizais formado por un primeiro elemento gôths ‘bo’, guth ‘deus’, ou *guts ‘godo’ e o segundo elemento staf 'bastón, cetro'.
Motivación
Este nome adéspota (sen santo patrón) empezou a poñerse de moda na Europa do século XVIII polo prestixio de varios reis de Suecia, que o levaron de 1500 á etapa contemporánea (de Gustavo I ao VI); o máis famoso deles, Gustavo Adolfo II (século XVII).
Chamáronse así
Escritores como o francés Gustave Flaubert (1821-1880) ou o español Gustavo A. Bécquer (1836-1870), o debuxante francés Gustave Doré (1832-1883), o músico austríaco Gustav Mahler (1860-1911), o pintor —tamén austríaco— Gustav Klimt (1862-1918) e o enxeñeiro francés Gustave Eiffel (1832-1923).
Os galegos Gustavo Pernas Cora (1959-2018), dramaturgo de Viveiro, e Gustavo Freire (1885-1948), compositor lugués, autor da zarzuela Non chores, Sabeliña...
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gustav | |
Catalán | Gustau | |
Español | Gustavo | |
Éuscaro | Gustabo | |
Francés | Gustave | |
Inglés | Gustavus | |
Italiano | Gustavo | |
Portugués | Gustavo | |
Sueco | Gösta (hip.) | |
Gustaf |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Gustavo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]