Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gundar
masculino
Nome literario
Variantes
Masculinas Gondar
Etimoloxía e historia
Do antigo nome medieval Gontarius, de orixe xermánica, composto dos elementos góticos *gunthi ‘loita, combate’ e harjis ‘exército’. Deu lugar tamén a topónimos e a apelidos coas mesmas formas.
Motivación
Nome dun lugar da parroquia de Nande (Laxe, A Coruña), da terra de Bergantiños. Como topónimo aparece nunha das poesías de Eduardo Pondal, como lugar de nacenza dunha das heroínas dos seus poemas: a garrida e doce Rentar. Pero na épica pondaliana é moito máis ca un simple nome de lugar: o poeta personificouno e converteuno nun bardo, no máis importante destes rapsodos celtas, cantores errantes das fazañas dos heroes e heroínas da súa raza.
O “bardo Gundar” é o propio Pondal, “o bardo da Brigandsia”, da máis pura aristocracia celta.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Günter | |
Gunter | ||
Inglés | Gunter | |
Sueco | Gunnar |
Antes e despois de Gundar
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]