Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gumersindo, Gumersinda
Nome cristián
Pronuncia
Gumersindo:
Gumersinda:
Hipocorísticos
Másculinos Gumer, Sindo
Femininos Sinda
Etimoloxía e historia
Nome de recente introdución, quizais variante de Gumesindo, antigo nome atestado na documentación galega, de orixe xermánica, composto polos elementos góticos guma ‘home’ e sinths ‘camiño’.
Motivación
San Gumersindo, natural de Toledo, segundo a lenda foi martirizado en Córdoba no século IX, xunto co monxe Servodei (‘servo de Deus’).
Chamáronse así
Frei Gumersindo Placer López (Pontedeume 1903 - Madrid 1993) foi un frade e escritor en galego; colaborou na revista Logos e publicou biografías de santos galegos e ensaios sobre os cancioneiros medievais e poesías de Rosalía de Castro; deixou tamén novelas inéditas en galego.
Gumersindo Sánchez Guisande (1892-1976), médico compostelán, que atendeu a Castelao no Centro Galego de Buenos Aires e quen o embalsamou cando faleceu.
Gumersindo Busto Villanueva (1872-1937), filántropo compostelán ligado co Centro Galego de Buenos Aires.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Gumersind | |
Español | Gumersindo | Gumersinda |
Éuscaro | Gumersindo | |
Portugués | Gomersindo | |
Gumersindo | Gumersinda |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Gumersindo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]