Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Hilario, Hilaria
Nome cristián
Pronuncia
Hilario:
Etimoloxía e historia
Do nome latino Hilarius, derivado do adxectivo hilaris 'alegre', 'xovial'.
Motivación
Santo Hilario de Poitiers (século VI) foi bispo desta cidade francesa. Defendeu a ortodoxia fronte ao arianismo. Participou no Concilio de Seleucia (359), ao que non fora convidado, e, pola súa fogosidade neste concilio sería desterrado a Frixia, onde tivo ocasión de coñecer a teoloxía grega. Houbo outro santo Hilario, papa desde o ano 461 ata o 468.
Santa Hilaria (século V) foi filla do emperador Zenón e monxa no deserto de Exipto.
Chamáronse así
Hilario Courtier, membro dunha familia de músicos composteláns da segunda metade do século XIX. Foi violinista da Capela catedralicia, fundou o Cuarteto Courtier e dirixiu a orquestra do Teatro Principal. Faleceu en 1883.
Hilario Camacho (1948-2006), músico español.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Glarus | |
Hilarius | Hjilara | |
Catalán | Hilari | Hilària |
Español | Hilario | Hilaria |
Éuscaro | Hilaria | |
Illari | Ilariñe | |
Hilario | Illare | |
Francés | Hilaire | |
Inglés | Hilary | Hilary |
Italiano | Ilario | Ilaria |
Portugués | Hilário | Hilária |
Romanés | Ilarie | |
Ruso | Ilarii | Ilaria |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Hilario
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]