Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Hildegarda
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica, transmitido a través do francés Hildegarde, composto de dous elementos: *hildi ‘combate’ e mais gards ‘casa; patio, curral’.
Motivación
Santa Hildegarda de Bingen (1098-1179) foi unha mística bieita alemá coñecida como “a sibila do Rin”; pasou á historia como filósofa, historiadora, curandeira e mesmo profetisa. Fundou o mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen, na Renania. As súas visións místicas déronlle gran sona, pois mesmo a visitou Bernaldo de Claraval. Tamén escribiu un tratado de medicina.
Na novela do galego Ramón Nicolás O espello do mundo (2016), Ona Guiomar, abadesa do cenobio feminino de Ramirás en Galicia, mantén unha íntima relación epistolar coa mística de Bingen, correspondencia centrada sobre todo nas propiedades medicinais das plantas.
Chamáronse así
Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-1933) foi unha nena galega rigorosamente planeada desde a concepción pola súa nai, a ferrolá Aurora Rodríguez, que a educou cunha disciplina férrea, sen aloumiños nin xogos. Foi unha rapaza prodixio. Non obstante, cando aos 18 anos intentaba liberarse da tutela da nai, esta matouna. A súa historia contouna nunha novela, Aurora de sangre: vida y muerte de Hildegart (1972), Eduardo Guzmán, e foi levada ao cinema por Fernando Fernán Gómez: Mi hija Hildegart (1977).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Hildegard | |
Catalán | Hildegarda | |
Español | Hildegarda | |
Éuscaro | Hildegarda | |
Francés | Hildegarde | |
Inglés | Hildegard | |
Italiano | Ildegarda | |
Portugués | Hildegarda |
Antes e despois de Hildegarda
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]