Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Hixinio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Hyginus, e este do grego Hygînos, derivado do adxectivo hygieinós 'san, con saúde', de onde procede a palabra 'hixiene'.
Motivación
O escritor latino Hixinio ou Caius Iulius Higinius (c. 64 a. C.- 17 d. C.) era un escravo de orixe hispánica. En Roma, o emperador Augusto emancipouno e nomeouno bibliotecario do seu pazo. Escribiu biografías, libros de fábulas e poemas.
Santo Hixinio de Atenas foi papa e mártir (136-142); tentou reprimir as herexías do seu tempo.
Chamáronse así
Higinio Fernández de la Vega Pasarín (1862-1948), notario e escritor.
Higinio Cambeses (1900-1949), compositor e director de banda.
Hixinio Ameixeiras, xornalista e primeiro director d’O Tio Marcos d’a Portela.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Higinius | |
Catalán | Higini | |
Español | Higinio | |
Éuscaro | Higinio | |
Italiano | Iginio | |
Portugués | Higinio |
Antes e despois de Hixinio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]