Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Honorio, Honoria
Nome cristián
Pronuncia
Honorio:
Etimoloxía e historia
Do nome romano Honorius 'que é respectado', 'honorable', e este da palabra latina honor 'honor', 'alta dignidade moral'.
Motivación
Honorio, emperador romano de Occidente (395-423), era fillo do tamén emperador, o galaico Teodosio e irmán de Arcadio —emperador de Oriente— e de Gala Placidia. Prohibiu os cultos pagáns e renovou a lexislación desde o punto de vista cristián. Durante o seu mandato producíronse sucesivas invasións de pobos bárbaros: suevos, vándalos, godos, hunos, ostrogodos etc.
Houbo dous santos con este nome, os dous bispos: santo Honorio de Brescia (século V) e santo Honorio de Canterbury (séculos VI-VII). Tamén o levaron catro papas.
Santa Honoria (século V) foi unha das lendarias once mil virxes martirizadas con santa Úrsula en Colonia. Tamén houbo princesas romanas así chamadas, como Xusta Gala Honoria (século V), filla de Constancio III e de Gala Placidia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Honorius | |
Catalán | Honori | Honòria |
Español | Honorio | Honoria |
Éuscaro | Honorio | |
Francés | Honorius | |
Inglés | Honoria | |
Honorius | Honora | |
Italiano | Onorio | Onoria |
Portugués | Honório | Honória |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Honorio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]