Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Humberto
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Humberto:
Hipocorísticos
Másculinos Berto
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica de procedencia francesa, documentado nos textos galegos desde o século XII, que pode estar composto por un primeiro elemento hûn ‘cría de oso’, e o segundo, bairthts ‘claro, brillante; célebre, famoso’.
Motivación
Santo Humberto de Liexa (século VII) foi bispo de Maastricht e de Liexa e evanxelizador das Ardenas. Tense por patrón dos cazadores (como san Xián), dos cans de caza e dos gardas forestais; tamén é avogado contra a rabia (como santo Eutelo).
Varios condes de Savoia levaron este nome; un deles, o terceiro (século XII), foi canonizado. Eran da Casa de Savoia dous reis da Italia unificada así chamados: Umberto I, que reinou de 1878 a 1900, e Umberto II, que só reinou do 9 de maio ao 13 de xuño de 1946, pois un referendo popular aboliu a monarquía e estableceu a república neste país.
Chamáronse así
Tivo sona o xeneral portugués Humberto da Silva Delgado (1906-1965), alcumado o “xeneral sen medo”, líder da oposición á ditadura de Oliveira Salazar; foi asasinado xunto coa súa secretaria pola PIDE (policía política portuguesa) en Villanueva del Fresno, na Estremadura española. Tal crime provocou protestas internacionais; sete anos despois a Revolución dos Caraveis acabaría coa ditadura portuguesa.
O italiano Umberto Eco (1932-2016) foi o persoeiro máis coñecido con este nome; foi autor de numerosos ensaios sobre semiótica, estética, lingüística e filosofía, pero a obra que o fixo máis famoso foi a súa novela histórica e de misterio O nome da rosa (1980), da que se fixo unha película en 1986.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Humbert | |
Catalán | Humbert | |
Español | Humberto | |
Éuscaro | Hunberto | |
Francés | Humbert | |
Hubert | ||
Inglés | Humbert | |
Italiano | Umberto | |
Portugués | Humberto |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]