Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Icía
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Icía:
Variantes
Hipocorísticos
Femininos Cía, Sía
Etimoloxía e historia
Do nome latino Caecilia, que se considera un derivado do adxectivo tamén latino caecus 'cego'.
Motivación
Santa Icía de Roma (século III) é, xunto a santa Inés, a máis popular das mártires romanas. O seu culto é antigo en Hispania (século X). Era unha rapaciña patricia romana forzada a casar cun tal Valeriano, casamento que ela rexeitaba. A finais do século XV convertérona en patroa da música debido a unha mala tradución dunha frase escrita en latín referida a súa historia, pois co extracto in suo corde ‘no seu corazón’ entendeuse que Icía ía cantando no día do seu casamento “ao son dos instrumentos musicais”, cando era todo o contrario, pois ía apesarada e triste. Con todo, o seu padroado musical viuse impulsado en época renacentista para evitar que se tentase recuperar a musa pagá Euterpe.
Chamáronse así
Cecilia Böhl de Faber (1796-1877) era o nome verdadeiro da escritora española que asinaba como Fernán Caballero.
Cecilia foi o nome artístico da cantante madrileña Evangelina Sobredo (1948-1976), filla de galegos.
Na forma masculina levouno Cecil Rhodes (1853-1902), político colonialista británico en África do Sur, e Cecil B. DeMille (1881-1959) famoso realizador estadounidense de cinema.
Foi o segundo nome do profesor Manuel Cecilio Díaz y Díaz (1924-2008), latinista e medievalista.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Cäcilie | |
Bretón | Aziliz | |
Catalán | Cecili | Cecília |
Español | Cecilio | Cecilia |
Éuscaro | Zilia | |
Zezilia | ||
Koikille | ||
Zezilio | Zezilia | |
Koikilli | Koikile | |
Francés | Cécile | |
Inglés | Cecily | Cecil |
Italiano | Cecilio | Cecilia |
Portugués | Cecílio | Cecília |
Romanés | Cecilia | |
Ruso | Kikilia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]