Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ifixenia
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do nome grego Iphigéneia, que significaba 'forte de nacemento', 'de natureza forte', 'de boa raza'. Está composto de îphi 'con forza' e da raíz *gen- 'nacer'.
Motivación
Na mitoloxía grega, Ifixenia é unha das fillas de Agamenón, rei de Argos e de Micenas. O monarca enfurecera a deusa Artemisa e por esta causa a frota helena disposta para marchar cara a Troia estaba paralizada por unha calma persistente. Un adiviño dixo que só o sacrificio de Ifixenia podería aplacar a cólera da divindade. Cando a ían inmolar no altar, a deusa tivo compaixón da moza e puxo unha cerva no seu sitio para o sacrificio. O caso é moi semellante ao bíblico de Isaac.
Eurípides escribiu dúas traxedias sobre Ifixenia, que tamén inspirou a Racine e a Goethe.
No cristianismo houbo unha santa e unha beata con este nome: unha virxe de Etiopía, de dubidosa base histórica, e Ifixenia de St.-Mathieu, monxa francesa guillotinada en 1794 por revolucionarios franceses.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Iphigenia | |
Catalán | Ifigènia | |
Español | Ifigenia | |
Éuscaro | Ifigenia | |
Francés | Iphigénie | |
Inglés | Iphigenia | |
Italiano | Ifigenia | |
Portugués | Efigénia | |
Ifigénia | ||
Romanés | Ifigenia |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]