Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ildefonso
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Ildefonso:
Etimoloxía e historia
Antigo nome presente nos textos galegos desde a época altomedieval, composto polas raíces góticas *hildi ‘combate’ e *funs ‘disposto, valente’. É un dos que acabou confluíndo no moderno Afonso.
Motivación
Santo Ildefonso de Toledo (século VII) foi discípulo de santo Isidoro e sucedeu a santo Uxío na sé episcopal de Toledo (657). Distinguiuse pola súa devoción á Virxe, que seica se lle apareceu para regalarlle unha casula bordada e lle dixo que era o seu capelán.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ildefons | |
Catalán | Ildefons | |
Español | Ildefonso | |
Éuscaro | Ildefontso | Ildefontsa |
Albontsa | ||
Francés | Ildefonse | |
Inglés | Ildefonsus | |
Italiano | Ildefonso | |
Portugués | Ildefonso |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Ildefonso
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]