Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ignacio, Ignacia
Nome cristián
Pronuncia
Ignacio:
Ignacia:
Hipocorísticos
Másculinos Nacho
Femininos Nacha
Etimoloxía e historia
Do antigo xentilicio latino de orixe etrusca Egnatius, que no latín da época posclásica se transformou en Ignatius; talvez por unha etimoloxía popular que relacionou o nome con ignis 'lume'.
Motivación
Santo Ignacio de Antioquía (séculos I-II), chamado o Teóforo ‘portador de Cristo’ (por levalo no corazón), era discípulo de san Xoán Evanxelista. Trasladado a Roma, botárono aos leóns no Coliseo (ano 107).
Santo Ignacio de Loiola (c.1491-1556) naceu no castelo vasco de Loiola. Chamábase orixinalmente Éneco ou Íñigo, pero decidiu trocar o seu nome de pía polo de Ignacio en honor ao santo de Antioquía. E a partir de Ignacio xurdiu en vasco a variante Iñaki. De familia nobre, tomara a carreira das armas. No asedio de Pamplona polos franceses (1521), resultou ferido gravemente nas pernas, feito que cambiaría a súa vida. Despois de experiencias espirituais e de peregrinacións varias fundou a Compañía de Xesús, que puxo ás ordes do papa (1540).
Chamáronse así
Ignacio Ares de Perga (1866-1922), pedagogo galego a quen Vicente Risco dedicou un artigo sobre a galeguización do ensino na revista Nós.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | ignaz | |
Ignatius | ||
Catalán | Ignasi | Ignàsia |
Español | Ignacio | Ignacia |
Éuscaro | Inazio | |
Ignazio | Ignazia | |
Iñaki | Iñake | |
Francés | Ignace | Ignatia |
Inglés | Inigo | |
Ignatius | ||
Italiano | Ignazio | Ignazia |
Portugués | Inácio | Inácia |
Romanés | Ignati | |
Ruso | Ignatii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]