Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ígor
masculino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Do nome persoal ruso Igor, de orixe incerta. Segundo algúns, é a forma rusa do escandinavo Ingvar, dun antigo nome nórdico Ingvarr, e este composto dun antigo deus xermánico, Ingvi, presente tamén noutros nomes como Ingrid o Ingeborg.
Motivación
Ígor, príncipe de Moscova, ao ser expulsado da corte en 1146, ingresou nun convento e morrería asasinado un ano despois. A Igrexa rusa considerouno un mártir e canonizouno.
Nome difundido a través do francés, pola ópera O príncipe Igor (1890) do compositor ruso Aleksandr Borodin.
Chamáronse así
O compositor ruso Ígor Stravinskii (1882-1871).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Ígor | |
Igor | ||
Éuscaro | Igor | |
Italiano | Igor | |
Portugués | Igor | |
Portugués (Brasil) | Ígor |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]