Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Inmaculada
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Inmaculada:
Hipocorísticos
Femininos Inma, Adiña
Etimoloxía e historia
É un de tantos nomes como Froitoso, Máximo, Fidel ou Breixo, que orixinariamente foron adxectivos: este vén do latín inmaculata, de in-, con sentido negativo e macula 'mancha', 'falta'. O catolicismo aplicouno a María, co significado de 'sen mancha', 'sen pecado'.
Motivación
A festa da Inmaculada Concepción xa se documenta no século VIII en ambientes bizantinos. Na catedral de Santiago documéntase en 1262, pero ignoramos cal era aquí o seu significado, pois tamén se aplicaba a santa Ana, pola concepción de María. A finais da Idade Media algúns quixeron modificar o contido da festa aludindo a que María, desde a súa concepción, estivo ausente da mancha do pecado orixinal. Sisto IV aprobou a festa en 1476. Pío Nono definiuna como dogma en 1854, pero a idea xa estaba asentada na España do século XVII, como se pode apreciar nas obras artísticas de escultores como Gregorio Fernández e Mateu de Prado, galegos, ou de pintores como Murillo e Velázquez.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Immaculada | |
Español | Inmaculada | |
Éuscaro | Gabirkunde | |
Garbi | ||
Orbange | ||
Kutsuge | ||
Garbiñe | ||
Italiano | Immacolata | |
Portugués | Imaculada |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Inmaculada
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]