Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Iolanda
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Iolanda:
Etimoloxía e historia
De etimoloxía incerta, na Idade Media latinizouse na zona da Savoia e o Val d'Aosta coa forma Violante, que debe proceder do nome xermánico Wioland, composto de wiol ‘riqueza, benestar’ e land ‘país’. Por etimoloxía popular tense posto en relación co latín Viola ‘violeta’.
Motivación
Levaron este nome mulleres de casas reais europeas (Hungría, Castela, Polonia). Chaikovsky popularizouno na súa ópera Iolanta (1892), baseada na personaxe dunha duquesa francesa do século XVI.
Santa Iolanda (século XIII) era filla do conde de Vianden (Luxemburgo). Renunciou á súa riqueza e ingresou nun convento da orde das dominicas de Marienthal (Luxemburgo).
“Yolanda” é o título dunha canción escrita polo cantautor cubano Pablo Milanés en 1970, dedicada á súa parella nese momento, Yolanda Benet.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Iolanthe | |
Catalán | Iolanda | |
Español | Yolanda | |
Inglés | Yolande | |
Italiano | Iolanda | |
Portugués | Iolanda | |
Romanés | Iolanda | |
Ruso | Iolanta |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Iolanda
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]