Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ireneu
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Deriva do nome persoal grego Eirēnaîos 'dedicado á deusa da paz', que pasou ao latín —primeiro como xentilicio e despois como nome propio— como Irenaeus ou Ireneus 'consagrado á paz'. Entre os cristiáns tomou máis ben o significado de 'o pacífico'.
Motivación
Santo Ireneu de Lión (c. 130-c. 208) naceu en Esmirna (Asia Menor), pero aparece integrado nunha colonia cristiá grega instalada na Galia. Foi bispo de Lión e despois marchou para Roma como conselleiro do papa Vítor I. Participou activamente nas disputas teolóxicas do seu tempo e considérase un dos grandes teólogos do século II.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Irenäus | |
Catalán | Ireneu | |
Español | Ireneo | |
Éuscaro | Iren | |
Francés | Irénée | |
Inglés | Ireneus | |
Italiano | Ireneo | |
Portugués | Ireneu |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]