Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Hugo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Hugo:
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica e introdución recente, por vía francesa, posiblemente a partir dun elemento franco, *hug 'intelixencia', 'bo senso'.
Motivación
Entre os santos, destacan santo Hugo de Cluny (1024-1109), iniciador da gran basílica de Cluny (1080), da que foi abade, e organizador da peregrinación a Compostela. Santo Hugo de Grenoble (1053-1132) foi o bispo desta cidade francesa que lle cedeu a san Bruno un extenso territorio para o mosteiro da Gran Cartuxa. Santo Hugo de Lincoln (1140-1200), francés de nacemento, sería chamado por Henrique II de Inglaterra para a cartuxa de Withman; consagrado bispo de Lincoln, mandou construír a catedral desta cidade.
O cóengo Hugo, de orixe francesa, foi un dos redactores da Historia Compostelá no episcopado de Xelmírez. Ocupouse de relatar o que precisamente el mesmo denominou “o pío latrocinio”, do que foi cómplice principal: o roubo e traslado en 1102 das reliquias dos santos Froitoso, Covade, Silvestre e Susana de Braga para a diocese de Santiago. Hugo sería despois promovido polo arcebispo compostelán a bispo do Porto, que na altura era do reino de Galicia.
Hugo foi un nome de estirpe dos duques da Borgoña, que o mantiveron na súa dinastía durante varias xeracións ao longo de máis de dous séculos: desde Hugo I (1076-1079) a Hugo V (1306-1315).
Chamáronse así
Hugo Grocio (1583-1645) foi un famoso xurista e escritor holandés.
Hugo Pratt (1927-1995), debuxante de banda deseñada italiano, creador do aventureiro Corto Maltés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Hugo | |
Catalán | Hug | |
Español | Hugo | |
Éuscaro | Hugo | |
Francés | Hugues | |
Hugo | ||
Friulano | Uc | |
Inglés | Hugh | |
Italiano | Ugone | |
Ugolino | ||
Ugo | ||
Portugués | Hugo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]