Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Horacio
masculino
Pronuncia
Horacio:
Etimoloxía e historia
Do xentilicio latino Horatius, probablemente derivado do etrusco Huras, de significado escuro.
Motivación
Na historia remota de Roma, no século VII a. C., para decidir o destino de Roma e de Alba Longa e poñer fin á guerra entre as dúas cidades, os tres irmáns Horacios romanos loitaron a morte contra os tres irmáns Curiacios albanos. Nun primeiro momento, morreron dous dos Horacios, aínda que os Curiacios quedaron feridos de diversa consideración. O terceiro dos Horacios fuxiu, pero despois foi matando con astucia un a un os seus rivais. Este feito mítico serviu para explicar como os romanos se impuxeron aos albanos no Lacio. O xuramento dos Horacios (1784) é unha famosa pintura do pintor neoclásico francés Jacques-Louis David inspirada nesta historia.
Non obstante, o nome popularizouse polo escritor romano Quinto Horacio Flaco (65-8 a. C.), fillo dun liberto da familia romana Horatia. Foi un home de gran talento, amigo de Virxilio e protexido do patricio Mecenas, quen o presentou a Augusto. Rexeitou cargos políticos porque prefería manter a súa liberdade; exemplo, polo tanto, de intelectual independente do poder. Escribiu Sátiras, Épodos, Odas e Epístolas.
Chamáronse así
Horatio Nelson (1758-1805), famoso almirante británico, vencedor da batalla de Trafalgar, na cal morreu.
Horacio Noche (1912-1970), violinista coruñés.
Horacio Valcárcel (1932-2018), cinematógrafo e guionista.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Horaz | |
Catalán | Horaci | |
Español | Horacio | |
Éuscaro | Horazio | |
Inglés | Horatio | |
Horace | ||
Italiano | Orazio | |
Portugués | Horácio | |
Romanés | Horaţiu | |
Ruso | Goratii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Horacio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]