Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Homero
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do grego Hómēros, tradicionalmente identificado coa palabra grega hómēros 'refén', 'prenda' e tamén 'cego'.
Motivación
O poeta grego Homero (século VIII a. C.?) foi quen, segundo a tradición helénica, recolleu as vellas epopeas da guerra de Troia e as converteu nos dous poemas épicos máis famosos da historia do mundo occidental: a Ilíada e a Odisea.
Nada sabemos en concreto deste personaxe, nin cando viviu nin onde. Pénsase que se trataría dun rapsodo ou trobador cego que, contratado por señores, percorrería os camiños da Grecia antiga cantando as marabillosas historias dos heroes e deuses helénicos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Homer | |
Catalán | Homer | |
Español | Homero | |
Éuscaro | Homero | |
Inglés | Homer | |
Italiano | Omero | |
Portugués | Homero |
Antes e despois de Homero
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]